Volver

Aparcadoiros públicos e cubertos para bicis

Nonquero Nonquero  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2331

Moitos de nós, veciños e veciñas da Coruña, usamos a bicicleta para movernos pola cidade, pero temos o problema de que, sobre todo no inverno, non temos lugar onde aparcalas sen risco a que se mollen ou as rouben. Cunha pequena infraestrutura (marquesinas, por exemplo) en lugares determinados da cidade ou mesmo chegando a acordos cos aparcadoiros que teñan concesións públicas para que reserven un espazo de balde para as bicis, este problema estaría solucionado, fomentando así o uso deste vehículo

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE en base ao seguinte informe técnico: "O custo de cada estrutura de cubrición dun aparcadoiro de bicicletas de 3,60 m de longo por 2,00 m de fondo, necesarios para cubrir as bicicletas na súa totalidade, pode acadar os 25.000 €. O número actual de estacións de biciCoruña é de 23 unidades. Tomando ese número como referencia aínda que a proposta non se refire a estes lugares, considérase que o custo estimado desta proposta sería de 575000 euros". Moitas grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas achegas no vindeiro ano.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • pequenobesbello

    Hai iniciativas similares noutras partes do estado que permiten compatibilizar o servizo público de biciletas co aparcadoiro privado, para bicis eléctricas, etc, etc... dun xeito bastante logrado.
    Por exemplo:
    http://www.cedemos.org/servicios/movilidad-en-bicicleta/park-aparcamiento-seguro-y-conectado/

    Outra cousa serían os custes que podera ter, que o descoñezo.

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • slamelov

      Parece unha iniciativa moi interesante, ademáis permite a utilización de todo tipo de bicicletas, axudan á conservación das de aluguer. Se económicamente é viable, paréceme moi boa iniciativa.

      A foto na que aparece instalada nun aparcadoiro é moi explicativa.

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
  • slamelov

    Apoio á proposta e engado que sería interesante montar aparcadoiros de bicis en todos os centros educativos públicos da cidade, e poñer estacións de Bici Coruña en todos os edificios da administración, museos, centros deportivos, etc. A proposta non suporía un gran investimento e contribuiría á reducción do uso de vehículos privados.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • gael.beira

      Un espazo reservado para o aparcamento para bicis nos aparcadoiros públicos da cidade paréceme interesante para incorporar á proposta, coido que mesmo se podería reformular a cota de bicicoruña cunha fórmula para usuarios sen bici (ou que prefiren empregar as bicis do concello) e outra para usuarios que dispoñen de bicicleta de seu que sería a que daría acceso aos aparcamentos soterrados.Tamén poderían combinarse as dúas fórmulas con un pequeno desconto. Que che parece?

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • Nonquero
        Nonquero  •  Autor  •  07/07/2016 11:21:15

        Paréceme moi boa idea: de feito, estaba xa na proposta inicial sen chegar a aterrar... graciñas

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      • monfero

        Na mesma liña da proposta principal eu daríalle prioridade a outros puntos principais da rede de transporte, é dicir: estación de tren e estación de buses coa intención de promover tanto a mobilidade en bicicleta como o transporte público . Algunhas persoas desprazámonos en bicicleta para utilizar estes medios e non temos onde aparcar a bicicleta con seguridade. O servizo como BiciCoruña non funciona, ademais, ás primeiras horas da mañá, polo que temos que utilizar a nos a propia bici para desprazarnos ás estacións de tren ou bus e dirixirnos ao traballo.

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
        • rcor

          Consideiro que instalar unha cuberta sinxela nos aparcadoiros de Bicicoruña, a cal evitase que os asentos se mollasen, permitiría un maior uso do servizo nos días de choiva (que non son poucos)

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
          Non hai fitos definidos