Volver

Monte Alto zona 30

slamelov slamelov  •  14/05/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 2060

Monte Alto ten rúas moi estreitas onde os coches aparcan nos dous lados. Ten vías como Santo Tomás, Vereda ou Hércules, entroutras, onde os coches pasan a máis velocidade do que é recomendable para un barrio coma este. Non é raro ver en Santo Tomás coches que pasan a velocidades excesivas, por poñer un exemplo, ou en Hércules xusto na subida de despois do mercado. Trátase de converter o barrio en zona 30 pero con medidas efectivas para cumplir co límite. Pasos en badén, sinalizacións e outras melloras que os técnicos do concello consideren oportunas. Un exemplo destas medidas pode ser a rúa General Gutiérrez Mellado, recentemente arranxada.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos