Volver

Medidas reductoras de velocidade en todo o Paseo Marítimo.

slamelov slamelov  •  14/05/2019  •  Distrito 10  • 

Accidente Paseo Marítimo (Foto A Opinión)
Accidente Paseo Marítimo (Foto A Opinión)

Código proposta de investimento: 2054

O paseo marítimo é unha autoestrada urbana. Varrios carrís e coches que superan o límite fixado de 50 km/h, en ocasións chégase a superar esa velocidade en máis do dobre. Non hai nin unha soa medida correctora de velocidad en todo o paseo. Poderían meter bandas rugosas, pasos peonís en badén, sinalización máis explícita ou incluso radares para sancionar a quen pon en perigo ao resto de persoas co seu egoísmo. Está demostrado que a máis velocidade máis risco de atropelo mortal, por non mencionar a contaminación acústica e ambiental.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos