Volver

Eliminar un carril no Paseo Marítimo

slamelov slamelov  •  14/05/2019  •  Distrito 10  • 

autoestrada.JPG
autoestrada.JPG

Código proposta de investimento: 2053

No tramo que vai desde Abente y Lago ata Fonte dos Surfistas, eliminar un carril para coches, posto que é innecesario ter dobre carril para o tráfico que ten esa zona, e ademáis desincentivaría o seu uso e tamén o exceso de velocidade, que é frecuente. Actualmente o paseo é unha autoestrada urbana. O carril recuperado para as persoas permitiría ter novos espazos para camiñar, actividades deportivas, mobiliario urbano, plantas, árbores, etc.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • marta_marta

    Moi boa proposta. Eu creo que o paseo marítimo xa está completamente amotizado, polo que sería hora de darlle unha volta ao seu deseño orixinal. Falta verde para dar sombra e sobra asfalto e ruido de motor. Despóis de eliminar o carril, se sobrasen algúns millóns de euros, eu tamén apostaría por cambiar esas farolas vermellas tan kitsch.

    2 votos  | 
    1
    1
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos