Volver

Dentista municipal

slamelov slamelov  •  11/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2028

"Sen dentes, non se sorrí", escoitei o outro día a unha xornalista en Barcelona. E ten razón, porque se non tes cartos, podes quedar sen dentes, xa que a sanidade pública só cubre as extraccións de dentes, nada máis. E se non tes cartos para para chegar a fin de mes é moi difícil que teñas cartos para un seguro odontolóxico. En Barcelona fixeron un servizo de odontoloxía municipal, na Coruña o concello podería facer o mesmo. Sería unha axuda enorme para a mesma xente que recibe a renda social municipal ou teña unhas condicións de precariedade graves. Para que todo o mundo poda sorrir.

Informe de inviabilidade

A túa proposta é inviable porque a posta en marcha deste servizo non entra dentro da categoría de investimento.

Non hai fitos definidos