Volver

Humanización e incorporación de vexetación ás rúas de Matogrande

Anibal_exp Anibal_exp  •  09/05/2019  •  Distrito 7  • 

cruce.jpg
cruce.jpg

Código proposta de investimento: 1989

Matogrande posue escasos espacios verdes e todos situados nos bordes do barrio. Sería interesante a incorporación de vexetación en todas as rúas, de maneira que supuxese un contraste coa alta densidade de tráfico e de aparcamento. Tamén deberíanse adiantar as beirarrúas nos pasos de peóns para dotalos de visibilidade e en xeral estreitar os cruces (incorporando vexetación tamén) para evitar os automobiles parados nas esquinas que restan visibilidade e fluidez  e evitar confusión nos xiros.

Informe de custo

Comunicámoslle que a súa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Ao tratarse dunha proposta concreta de distrito o custo máximo será de 200.000 euros, o que supón que se poden reformar aproximadamente 18 pasos de peóns para a mellora da súa accesibilidade. Ademáis, a actuación poderá completarse coa incorporarse un total de 10 árbores ou arbustos en xardineiras.

Non hai fitos definidos