Volver

Cidade Peonil

anxo_gz anxo_gz  •  08/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1969

Creo lembrar que segundo a directiva europea a partires do 2023, os centros da cidade terán que ser peonís, eu iría adiantando esa data e ir facendo peonís algunhas rúas da cidade de xeito gradual para que o troco non sexa tan drástico, e non só o faría no centro, senón tamén faría peonís rúas doutros barrios da cidade con pouco tránsito ou rúas pequenas e que dun xeito fosen artellando unha rede de carrís peonís. Qué non todos sabemos ou podemos andar en bicicleta!!.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equípo técnico municipal: "Considerando a viabilidade da proposta, tendo en conta que a sua implementación sera para toda a cidade, esta teria un orzamento máximo de 1.000.000,00 € . Adoptando unha solución de peatonalización na que se inclue o mobiliario urbano necesario, asi como a sustitución de conexions os pes das baixantes e colocación de sumideiros, cun custo por m² de aproximadamente 130€/m², poderanse facer aproximadamente 7.600 m². " Agradecemos a tua participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • molrosales

    Sobra dicir o ven que o fixo Pontevedra neste aspecto e a cantidade de premios que levou. Temos que aprender dos nosos veciños. Devolver espacio ao peaton e fundamental para humanizar o entorno.

    3 votos  | 
    3
    0
    2 respostas (ver) 2 respostas (contraer)
    • anxo_gz
      anxo_gz  •  Autor  •  05/09/2019 13:35:08

      O peón é o que debería primar nunha cidade, nunca o vehículo privado, xa temos experiencia do ben que funcionan os espazos peonís, tanto dentro da cidade, coma noutras, exemplo Pontevedra que ben sinalas, pero parece que os políticos aquí non teñen o suficiente valor para enfrontarse ás críticas as que se enfrontarían nun primer momento. Saúdos.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      • rupacfer

        No se puede comparar Pontevedra con Coruña, ya no sólo en superficie, si no en la forma de la ciudad y la orografía...

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      • jesus

        Gústame a túa proposta Anxo. No referente as bicicletas, se o espazo peonil é amplo, haberá tamén espazo para a circulación das bicicletas sen que molesten ás que van camiñando e sen necesidade de facer un carril específico para elas; tal e como acontece hoxe en día na Mariña - Parrote.

        2 votos  | 
        2
        0
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • anxo_gz
          anxo_gz  •  Autor  •  05/09/2019 13:32:12

          Penso é máis necesario a rede de vías peonís que o carril-bici, ás veces pecamos de modernos e pensamos que todos podemos ir en bici, pero hai moitas persoas ou ben porque non poden ou ben non saben andar en bici, e deben ter unha alternativa, e penso que a rede de vías peonís é unha boa solución para ambas necesidades, como ben dis, para os que non poden ou non usan bicicleta e máis outra alternativa que complementa aos carrís bici. Saúdos.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
        • myriamgoluboff@gmail.com

          Bienvenida esta propuesta.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
          Non hai fitos definidos