Volver

Arranxar a intersencción Vereda do Polvorín - Santo Tomás

slamelov slamelov  •  07/05/2019  •  Distrito 10  • 

Intersección Vereda Polvorín
Intersección Vereda Polvorín

Código proposta de investimento: 1957

No remate de Vereda do Polvorín, onde está o quiosco, hai unha pequena praza que podería ter un novo deseño agora que a metade da Rúa Marola é peonil e xa non saen coches que crucen a esa praza. Con zona de carga e descarga, a plantación dunha árbore de gran porte na pequena zona verde que hai detrás do quiosco, ampliación de beirarrúas, mobiliario urbano... etc. Ata poderían mellorar o quiosco. O feito é que hai un tramo de estrada que xa non se usa porque non ten entrada en coche desde ningún sitio. Esa zona é un pequeno mercado con varias tendas e ben merece un arranxo.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos