Volver

Axardinar a cidade xardín

Anibal_exp Anibal_exp  •  06/05/2019  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1918

Cidade xardin é un espacio con arquitecturas interesantisimas pero que perdeu a identiade que lle daba o seu nome. Propoño reurbanizar toda a contorna (incluidas a Avenida da Habana e o paseo de Ronda) aumentando beirarruas, adiantando os pasos de peons para darlle seguridade e elevandoos para evitar os excesos de velocidade, plantando novas e variadas árbores que den sombra, arbustos de menor porte e flores situadas en xardineiras, colocando pavimentos de celosía vexetal nas areas de aparcamento...

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos