Volver

Proxecto web «Lembranzas da Coruña»

smlebo smlebo  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1749

«Lembranzas da Coruña», está inspirado nas webs «Memoria de Madrid» e «Recordos en Branco e Azul», e é un proxecto que consistiría na creación dunha web que achegase a historia da Coruña á cidade.

Nesta web facilitaríase o acceso a fondos históricos da cidade, en colaboración coas bibliotecas e arquivos municipais, e tamén podería vincularse directamente a outros proxectos, coma o de placas de rúas ou o de «Vivencias da Coruña».

Por outra banda, e seguindo o proxecto «Recordos en Branco e Azul», recibiríanse achegas documentais, fotográficas ou videográficas sobre a historia da cidade, que se clasificarían e organizarían para permitir o acceso a todo interesado e apaixoado pola nosa cidade.

Localización: Web

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos