Volver

REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Rúa Panaderas
Rúa Panaderas

Código proposta de investimento: 1719

Reordenación do tráfico desta rúa, estudando a implantación de circulación nunha única dirección, en sentido baixada dende o Campo da Leña, desviando o tráfico de subida cara a rúa Hospital.

Ampliación das beirarrúas existentes, dotando de protagonismo ó futuro paso peonil entre Panaderas e Pío XII

Informe de custo

A túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "Para poder ampliar o ancho das beirarrúas da rúa Panaderas cómpre eliminar un carril da calzada, polo que esta proposta está condicionada á realización dun estudo previo de mobilidade e tráfico que determine se é viable implantar un único sentido de circulación nesta vía. Ao custo dese estudio, previo e preceptivo, habería que engadir o custo da propia obra de reurbanización na que, por estar a rúa Panaderas incluida no ámbito regulado polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e a Pescadería (PEPRI), haberían de seguirse as condicións definidas no devandito documento, tanto no referente aos materiais que deben empregarse nas pavimentacións (lousado de pedra nos itinerarios peonís e asfalto na calzada), como ás caracterísitcas dos elementos de mobiliario urbano (cuxa dotación habería que incrementar). Así mesmo, valórase a execución de diversas redes de servizos municipais, así como a reposición dos restantes servizos afectados." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • martin_mc

    Moi boa idea, sería interesante tamén que añadiran algunha árbore e vexetación na zona.

    4 votos  | 
    4
    0
    Sen respostas
    • a_nt

      Sería interesante tener en cuenta también la inclusión de carril bici que podría ser compartido en sentido de circulación y separado en sentido contrario a la marcha de vehículos

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • B.D.H.

        Boa idea, sempre que os que vivimos pola zona poidamos chegar sen dar mil voltas porque de cada vez é máis complicado aterrir na casa... imos ter que ir voando.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos