Volver

Ascensores túnel Salgado Torres.

anxo_gz anxo_gz  •  30/04/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 986

Agora que se fan beirarúas e se mellora a accesibilidade peonil do túnel de Salgado Torres, estaría ben por ascensores que conectasen a rúa General San Martín coa parte baixa do túnel e outro na rúa Culleredo, en caso de ser inviables o demasiado caros, ao igual que xa existen escaleiras que conectan a rúa Culleredo co túnel, tamén estaría ben facer unhas escaleiras ou rampla que conectasen Salgado Torres con General San Martín. Estas opcións convertirían o túnel de Salgado Torres nun eixo vertebrador da zona Os Mallos-Estación e 2ª Fase con barrio de Catro Camiños.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • alendanas

    As escaleiras están ben pero hai que contar con opcións ás persoas discapacitadas e as que levan coches de pequenos/as, carros da compra, ...

    Ningún voto  | 
    0
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • anxo_gz
      anxo_gz  •  Autor  •  21/05/2018 15:47:20

      Por iso digo que contar coa opción de ascensores e se non é posible con ramplas e escaleiras. Ainda que puxen "ou", era para poñer as dúas opcións en caso de non por ascensores.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    Non hai fitos definidos