Volver

Placas de de rúa únicas e en tódolos recunchos

smlebo smlebo  •  27/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Exemplos de placas de Budapest, Venecia, París, Bilbao, Santiago e Londres
Exemplos de placas de Budapest, Venecia, París, Bilbao, Santiago e Londres

Código proposta de investimento: 962

As placas de rúa cumpren unha función esencial nunha cidade. Porén, na Coruña atopamos moitas rúas nas que as placas están colocadas só nalgúns recantos, Por iso, propoño a colocación de placas de rúa en tódolos recantos, para poder identificar ao momento onde se está, e facilitando tamén a orientación.

As placas de rúa tamén son un símbolo da cidade. Son características as de París, Venecia, Bilbao ou Compostela. Por iso, tamén propoño un deseño que sexa característico e único da Coruña.

Unha suxestión sería que as placas incluísen os números dos rueiros, coma sucede en Budapest, o que permite saber cara onde ir cunha ollada rápida. A frecha indicaría o sentido do tráfico da rúa.

As placas poderían incluír un código QR que leve a unha web onde se explique a historia do nome e de edificios ou feitos senlleiros da rúa, ou información práctica para residentes e visitantes.

Localización: Por toda a cidade

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • JB

    Totalmente de acordo. A señalética en Coruña é de pena

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • smlebo
      smlebo  •  Autor  •  30/05/2018 09:32:07

      Non debería tamén ter a etiqueta de "sinalización viaria"?

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • vruiher

        A MENUDO A PIE NO SABES EN QUE CALLE ESTAS PORQUE NO HAY PLACAS

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos