Volver

Estación Bici Coruña no parque de Eirís

bolboreta bolboreta  •  23/04/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 882

Estando tan cerca de hospitais, dun parque tan grande e cas poucas liñas de bus que hai preto do parque, agradeceríase ter unha estación de Bici Coruña. Espazo hai para poñela e usuarios con ganas de tela somos moitos.

Graciñas.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Aínda que no Parque de Eiris xa está prevista a instalación dunha estación do servizo público de préstamos de bicicletas (BICICORUÑA), a instalación da mesma está proposta na zona máis próxima ás vivendas e por tanto bastante afastada dos complexos hospitalarios. Por este motivo consideramos adecuada a instalación doutra estación que complementará a xa prevista, propoñendo a instalación dunha estación de Bicicoruña con 24 postos de ancoraxe na zona do parque de Eiris máis próxima ao CHUAC." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos