Volver

Central eléctrica de enerxía renovable

slamelov slamelov  •  22/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 860

O concello podería instalar algunha minicentral eólica ou solar para proporcionar enerxía limpa para o alumeado público ou calquera outra necesidade. Nesta cidade hai vento abondo, e tamén hai sol, e temos algúns lugares onde poder instalar algún xenerador eólico. Deste xeito poderiamos reducir o consumo eléctrico de combustibles fósiles e comenzar a tomar medidas para paliar, algo, o cambio climático.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos