Volver

ELEVAR PASOS DE PEÓNS E INCREMENTAR OS SEMÁFOROS NO BARRIO

a.vv.pedralonga a.vv.pedralonga  •  22/04/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 841

Elevar os pasos de peóns instalados no barrio para poder mellorar a seguridade, así mesmo, colocar semáforos nos pasos de peóns próximos ás paradas do autobús, xa que un importante número de escolares do barrio os utilizan.

 

Nos últimos meses xa contamos con mais pasos de peóns no barrio e cambiamos algún ante o perigo que supoñía para os veciños a súa disposición . Pero creemos que é importante a colocación dalgún semáforo mais ,sobre todo no tramo da Avda de Monserrat, xa que a presencia de pasos para peóns ás veces non é respetada pola xente que circula en coche.

 

Ante os últimos accidentes e ante a velocidade coa que circulan os coches por esa zona ,creemos que é necesaria a presencia de máis semáforos e así poder sentirnos máis protexidos. Os peatóns son siempre os que se atopan en desventaxa ,e os nosos veciños teñen que poder pasear polo barrio seguros.

Proposta en nome de: a.vv.pedralonga

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos