Volver

CREAR GRAN BOSQUE DA CORUÑA

125 125  •  19/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 790

Quero recuperar unha proposta que xa estivo presente nos orzamentos participativos dos anos 2016 e 2017. Propoño que se faga un gran parque (o máximo tamaño posible) no espazo que hai entre a Terceira Rolda e O Ventorrillo ou nos alrededores do Castro de Elviña (estas dúas ubicacións foron propostas anteriormente)

Este parque sería unha gran área verde con especies autóctonas e exóticas (sempre que non sexan perxudiciais), tanto animais (esquíos, pavos reais...) como vexetais (carballos, castiñeiros, cerdeiras, piñeiros...)

Algunhas propostas para o parque:

- Facer varias zonas de xogo infantil orixinais.

-Unha lagoa pequena con especies acuáticas

(Deixade máis propostas nos comentarios)

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O obxecto da proposta é interesante sempre que a cidade de A Coruña non conta cun gran número de parques públicos. A iniciativa encádrase na liña dunha mellora integral da cidade e especificamente nas novas estratexias de planificación urbana ecolóxica, en especial a infraestrutura verde urbana. Inclúe tamén un enfoque específico para a fauna, tanto terrestre como acuática, o que enriquece a idea e mellorará a biodiversidade urbana. Como condicionante importante identifícase que, si se prevé incluír animais como os pavos reais, débese pechar perimetralmente o espazo, aparte de ter en conta outras consideracións de benestar e sanidade animal. Este tipo de propostas require un estudio preliminar de ubicación espacial e un proxecto de execución. É preciso realizar un estudo da propiedade, xa que existen parcelas que no son de titularidade municipal. En todo caso esa esixencia vai a depender da ubicación definitiva que se propoña. Considerase viable (inda que condicionada ás autorizacións precisas para o seu desenvolvemento, especialmente vinculadas á protección do patrimonio cultural e arqueolóxico do espazo e aos propios requirimentos do Plan Director do Castro de Elviña) a creación dun parque con esas consideracións, pero precisa un estudio pormenorizado das opcións espaciais de ubicación e dos mecanismos de acceso á propiedade en caso de parcelas privadas." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • otesvi

    Un gran parque no Castro de Elviña, con zonas de sombra e xogos infantís e zonas de mererendero, onde poder pasa-lo día, sería fantástico. Ademais de poderse converter nunha marabillosa zona de lecer ó aire libre, axudaría a conservar e poñer en valor o inmenso e fantástico traballo realizado no Castro, que tanto di de nós e do noso pasado.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • 125
      125  •  Autor  •  05/06/2018 07:43:23

      Totalmente de acordo. Gracias polo teu apoio.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    • rvc

      me gusta la idea.pero yo añadiría que ese espacio diera posibilidades a realizar múltiples actividades al aire libre

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • sblancos

        Es muy necesario hacer un gran parque en la ciudad. La ubicación ideal es en los alrededores del Castro de Elviña, para poder así protegerlo y promocionarlo. El Castro de Elviña podría llegar a ser tan importante como la Torre de Hércules. Es un espacio maltratado y descuidado, pero tenemos la oportunidad única de hacer un gran parque a su alrededor para preservarlo y protegerlo. Un espacio para pequeños y mayores, donde poder celebrar conciertos, romerías, o realizar increíbles paseos debido a las enormes posibilidades que ofrece. Todavía estamos a tiempo de recuperar nuestro pasado para mejorar nuestro futuro

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      • rvc

        me gusta la propuesta .pero añadiría que sea un en el que además de posibilidades para realizar múltiples actividades al aire libre

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        • lameduse

          Claro que si! Gran proposta.... neses espazos de xogo podería haber un parque musical como o que propoño: https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1637
          Tamén unha tarima para bailar e facer actividades físicas ao aire libre: https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1629 e hoteis para insectos!! https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1644

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
          • kepalux

            Que teña moitas tirolinas para a gente nova, como un parque que hai en Mungía (Bizkaia)

            Ningún voto  | 
            0
            0
            Sen respostas
            • FerLosada

              A proposta paréceme interesante, agás polo das especies exóticas. É certo que puntualizas que non deben ser perxudiciais (é dicir, non deben ser especies exóticas INVASORAS), pero sendo un bosque, é lóxico que vivan nel únicamente especies autóctonas (e precisamente en Galicia, con tantas plantacións de eucaliptos, poderíamos ter moitos máis bosques autóctonos dos que temos).

              Referente aos pavóns (pavos reales), creo que é máis apropiado telos nun recinto semipechado, como pasa co Parque Quevedo en León; o único que temos dese xeito son os Xardíns de San Carlos. Sí podería construirse, dentro dese bosque, un recinto semipechado (e vixiado) donde ter eses animais.

              A reforestación de Galicia con especies non pirófitas é un asunto moi urxente, como vimos neste outono.

              Ánimo coa proposta ;)

              Ningún voto  | 
              0
              0
              1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
              • 125
                125  •  Autor  •  31/05/2018 07:26:25

                Estou de acordo co do recinto pechado. Gracias polo teu apoio.

                1 voto  | 
                1
                0
                Sen respostas
              • chus.alonso1

                Un gran parque es la primera opción que voy a votar. Aunque hay muchas chulas esta es un number one. Yo veo mejor la zona del Ventorrillo. Allí hay menos zonas verdes y además, no sé si demasiados visitantes podrían Dakar el Castro. Sea donde sea, un parque siempre es bienvenido.

                Ningún voto  | 
                0
                0
                Sen respostas
                • Victor

                  Xa me parecía raro que non estivese esta proposta hehe a ver se sae dunha vez! :)

                  Ningún voto  | 
                  0
                  0
                  Sen respostas
                  Non hai fitos definidos