Volver

Humanización do Castelo de Eiris - Forte de Valparaiso

Ildefonso Ildefonso  •  19/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Novas e vellas redes.
Novas e vellas redes.

Código proposta de investimento: 764

Espazo moi empregado pola veciñanza no Parque de Eíris. Parada obrigada (estes vellos muros, escenario dos principais fitos historicos desta cidade dende época romana, ainda nos protexen do vento e deixanos ver o mar). A última campaña arqueolóxica descubriu que todas as dovelas do arco de acceso están en perfecto estado a súa reconstruccion asegura a custodia. Tamén é preciso un control social ca finalidade de minimizar a degradación e levar a cabo labores de interpretación: pola súa proximidade ó Camiño Inglés e polo valor material e inmaterial deste fito historico. A súa interacción na paisaxe urbana pode potenciarse ca iluminación nocturna aproveitando de novo este recurso como elemento de apoio de control e para distintas visitas guiadas nocturnas. Pódense aplicar sinxelas formas de ocupación social inocuas e reversibles compatibles ca protección dun elemento catalogado (ver foto).

Localización: https://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Eir%C3%ADs

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A proposta ten puntos comúns coa liñas sobre as que están traballando o servizos técnicos municipais. Nembargantes o futuro uso público final non pode ser definido sen rematar as actuacións de investigación. Partindo disto valórase a posibilidade de realizar as seguintes actuacións: -Escavación arqueolóxica en área ata esgotar os estratos arqueolóxicos na superficie necesaria para rematar as investigacións, de xeito que se poda definir nun futuro os usos deste espazo. -Restauración e consolidación das estruturas arqueolóxicas atopadas co obxecto de integralas armónicamente no parque. -Instalación de módulos explicativos." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos