Volver

Zonas de traballo e estudo ao aire libre en toda a cidade

birnarem birnarem  •  13/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Exemplo de postos de traballo
Exemplo de postos de traballo

Código proposta de investimento: 1451

Actualmente na cidade hai o uso do espazo público é escaso. Non hai hábito de utilizar as nosas rúas, parques e prazas para a nosa vía diaria máis aló de pasear. Ademais, o bo tempo moitas veces nos colle traballando ou estudando, é dicir, con obriga de estar en interior.

Pero é posible que isto cambiara se existiran as infraestruturas públicas necesarias. Tan só se necesitarían mesas e cadeiras de tacto agradable, de secado rápido, cómodas e que permitan unha posición ergonómica de traballo adecuada. Espazos onde poñer o noso ordenador ou unha libreta, e traballar desfrutando do aire libre.

Estes espazos deberían estar cubertos de xeito elegante, permitindo traballar no caso de que caian unhas gotas de auga. Adicionalmente, sería desexable ter acceso a electricidade para os ordenadores, e acceso libre a wifi. Tamén serían interesantes mesas para traballos ou reunións en grupo.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Polo carácter xenérico da proposta, cunha marxe de investimento moi variable en función das características da intervención que cada emprazamento concreto requirise (sobre todo para a extensión da rede do subministro de enerxía eléctrica en baixa tensión e de fibra óptica municipal para a dotación de wifi) e do mobiliario a subministrar, asígnase o importe máximo indicado nos criterios de avaliación como importe de referencia. Consideración de cubrición e urbanización superficial (previa comprobación de viabilidade física e urbanística). Custo de referencia incluídos custos indirectos: 265 €/m2. PBL con IVE = 381,57 €/m2. Custos de extensión de redes e de subministro de mobiliario non incluídos (a estudar para cada caso concreto). Co custo de referencia considerado e o importe máximo indicado, poderíanse cubrir e urbanizar uns 650m2 de superficie libre, o que equivaldría a unhas 3 zonas do tipo das solicitadas." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • braisgf

    Sería ben interesante e útil, poñer unha pequena dotación en cada un dos distritos e buscarlle diferentes usos para todos e todas!

    4 votos  | 
    4
    0
    Sen respostas
    • lameduse

      Xenial proposta! Espazos para o traballo o aire libre, e para xogar unha partida de axedez ;)

      2 votos  | 
      2
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • birnarem
        birnarem  •  Autor  •  31/05/2018 18:19:24

        Pois si. Nunha mesa podemos traballar, estudar, xogar ao xadrez, a xogos de mesa, a xogos de rol, facer unha reunión dun colectivo pequeno, ... Será responsabilidade nosa darlles uso frecuente. Indicar explícitamente unhas normas cívicas mínimas de respecto a quen usen estes espazos pode axudar tamén.

        2 votos  | 
        2
        0
        Sen respostas
      • Fernando S

        Me encanta! Un refuerzo para el aula de estudio de "Empresas" que en épocas de examenes es impracticable

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos