Volver

Plantación de árboles en el paseo marítimo

vidanueva vidanueva  •  13/05/2018  •  Distrito 1  • 

Código proposta de investimento: 1447

Plantar árboles desde O Portiño hasta la playa de Bens. Es un tramo que necesita más árboles (casi no hay), incluso podría servir para detener los malos olores que siempre aparecen cuando el paseo bordea la depuradora. Ya puestos también pueden plantarse árboles en todo el tramo de la carretera que hay desde la playa de Bens hasta el límite de la ciudad.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Este orzamento céntrase en novas plantacións na contorna de Bens e o Portiño. Trátase dunha zona moi exposta aos ventos salinos e un medio xeolóxico non axeitado, o que condiciona moito a viabilidade da proposta. Doutra banda, existen zonas onde non hai espazo para as novas plantacións. Trátase de dúas zonas, unha desde o Portiño ata a EDAR e a outra desde o extremo oposto da EDAR e a praia de Bens. O primeiro tramo do paseo, concretamente desde o Portiño ata a entrada á EDAR, ten unha sección moi limitada para poder incorporar árbores. Por unha banda, existe un noiro pronunciado con monte baixo onde é complicado facer unha plantación deste tipo, e pola outra está a beirarrúa cunha sección insuficiente e de novo outro noiro. O segundo tramo, desde a EDAR ata a praia de Bens, ofrece máis opcións, especialmente nos espazos abertos na marxe do mar, onde xa hai algúns exemplares. Neste caso sería posible, pero requírese unha boa selección das especies a utilizar e especialmente uns traballos específicos para acondicionar o lugar de plantación, proporcionando aos exemplares un volume considerable de chan fértil para a súa adecuada implantación e a garantía dunhas operacións de mantemento adecuadas, como é a renovación periódica do auga nas bolsas Treegator. Por outra banda, podería ser contraproducente a plantación de árbores nas zonas onde se interfira coas vistas panorámicas existentes. A terceira zona suxerida, desde a Praia de Bens aos límites da cidade, require un estudo pormenorizado de viais, proxectos de ampliación, novos trazados, dispoñibilidade de terreos, etc. Considérase viable a plantación de novos exemplares arbóreos no tramo EDAR-Praia de Bens. Debe ser unha plantación cun investimento importante nos volumes de excavación e disposición de terras fértiles. Do mesmo xeito, a selección de especies adecuadas é crucial para a súa axeitada implantación. Os puntos de plantación deben ser seleccionados minuciosamente para non interferir co uso da zona e a realidade do sitio." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Non hai fitos definidos