Volver

Renovables en edificios públicos

slamelov slamelov  •  12/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1403

Que todos os centros xestionados polo concello teñan placas solares ou turbinas eólicas para xenerar electricidade e reducir o consumo de enerxía. Debería incluir centros educativos, piscinas, pavillóns e museos. Se non fora posible por orzamento, priorizar aqueles edificios que consuman máis enerxía, e ir implementando a medida en futuros orzamentos. A proposta foi cuantificada en 250.000 € nos orzamentos participativos do ano pasado, é asumible polo concello.

Informe de custo

A proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Polo carácter xenérico da proposta, asígnase o importe máximo indicado nos criterios de avaliación. Considerando unha instalación solar fotovoltaica: As instalacións de enerxía solar fotovoltaica utilízanse para a xeración de enerxía eléctrica, e poden estar illadas ou conectadas á rede eléctrica. As illadas son útiles en zonas ás que non chegan as liñas eléctricas convencionais, e necesitan dun sistema de acumulación de enerxía (baterías) para proporcionar enerxía eléctrica nos momentos nos que non se está captando enerxía solar suficiente. Doutra banda, as instalacións fotovoltaicas conectadas á rede instálanse nos lugares aos que si chegan as liñas eléctricas; non necesitan sistema de acumulación e o propietario pode vender o total da enerxía xerada polo sistema, a medida que se vai producindo, a un prezo moi superior ao que compra a enerxía, polo que é rendible economicamente vender toda a produción independentemente de que se necesite ou non. As instalacións fotovoltaicas teñen polo momento o gran problema do seu alto custo. Para instalacións fotovoltaicas illadas o custo atópase entre 12.000 e 13.000 euros por kWp, e para instalacións conectadas á rede entre 5.500 e 7.000 euros por kWp, en función do tamaño da instalación, equipamento, interconexión, etc. Este custo aumenta naquelas instalacións nas que se incorpora un sistema de seguimento solar, de forma que os paneis vanse orientando cara ao sol a medida que o día vai evolucionando. A produción dunha instalación fotovoltaica con captación fixa en Galicia atópase entre 1.000 e 1.200 kWh anuais por cada kWp instalado, cifra que aumenta para aqueles casos nos que se incorporan sistemas de seguimento solar. Con 250.000 € poderíanse instalar 35,71 kWp (instalacións conectadas con captación fixa) producindo un máximo duns 42.857 kWh anuais que se venderían a un prezo superior ao que se compra a mesma cantidade de enerxía. Mediante un estudo económico detallado habería que calcular o período de retorno do investimento e por tanto a súa viabilidade económica definitiva. Considerando unha instalación solar térmica: O elemento principal destas instalacións é o captador solar, un equipo que aproveita o efecto invernadoiro para transformar a radiación solar en enerxía térmica e transferila ao fluído caloportador. Existen dous tipos fundamentais de paneis térmicos: os paneis planos e os tubos sen carga. O tamaño da instalación depende da súa aplicación, as necesidades enerxéticas, e o tipo de equipos utilizados. O custo e rendibilidade das instalacións é variable en función do tipo de instalación, o seu tamaño, a calidade dos materiais, a facilidade na montaxe, etc., polo que é imposible determinar unha repercusión aplicable a todos os casos. A continuación inclúese un custo aproximado de instalacións solares térmicas para os casos típicos aplicables: -Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria en centro de gran consumo. As instalacións solares térmicas poden ser utilizadas para a xeración de auga quente en centros de gran consumo, como pavillóns polideportivos, etc.; nestes centros é habitual que o consumo sexa constante e elevado durante todo o ano (3.000 litros/día constantes durante todo o ano). Sup. capatadores planos ( m2) = 45-55 Vol. acumulador ( l) = 3.000 Prod. solar ( termias/ m2 ano) = 450-600 Fracción solar (%) = 60-75 Prezo aprox. (€/ m2) = 550-750 Con 250.000 € poderíanse instalar uns 333,33 m2 de paneis solares térmicos ( captadores planos), o que daría para uns 6 pavillóns polideportivos. -Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria e climatización de piscina cuberta. Unha das aplicacións máis utilizadas da enerxía solar térmica é a climatización de piscinas. Estas instalacións están comunmente ligadas a un elevado consumo de auga quente sanitaria, que se utiliza nos vestiarios ou pavillóns polideportivos anexos a eles (4.000 litros/día constantes durante todo o ano; dimensións piscina: 25x12 m; profundidade media: 1,70 m). Sup. capatadores planos ( m2) = 75-90 Vol. acumulador ( l) = 4.000 Prod. solar ( termias/ m2 ano) = 450-600 Fracción solar (%) = 60-75 Prezo aprox. (€/ m2) = 800-1200 Con 250.000 € poderíanse instalar uns 208,33 m2 de paneis solares térmicos ( captadores planos), o que daría para unhas 2 piscinas cubertas. Considerando unha instalación eólica: Na actualidade, o aproveitamento da enerxía eólica ten como fin a transformación da enerxía cinética do vento en enerxía eléctrica. Esta transformación realízase a través dos aeroxeradores, máquinas con elementos que experimentan un movemento (en xeral, de rotación) cando reciben unha corrente de aire de suficiente intensidade. A enerxía mecánica convértese a electricidade mediante un xerador eléctrico. Os aeroxeradores máis utilizados son de eixo horizontal e de tres aspas, e agrúpanse nos chamados parques eólicos, instalacións de xeración eléctrica situadas nos emprazamentos de elevado potencial eólico. Un parque eólico caracterízase por ter un conxunto de aeroxeradores que comparten unha subestación de transformación e unha liña común de evacuación de enerxía eléctrica. Actualmente o aproveitamento da enerxía minieólica (instalacións que xeran potencias inferiores a 100 kW, situadas sobre chan ou integradas en edificios), ademais de presentar limitacións en canto a impacto acústico e visual, esta pouco desenvolvido en España polo que non se dispón de datos fiables sobre o seu custo." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • fernando-pi

    Paréceme unha proposta moi interesante. Xa sei que non se pode unificar con outras, pero eu engadiría que deberían adoptarse as medidas necesarias para DIMINUIR A LUMINUSIDADE en gran parte da cidade, HAI DEMASIADA CONTAMINACIÓN LUMÍNICA. Polas noites, poderíase diminuir a iluminación nas grandes vías de tráfico (Lavedra; 3ª rolda (por certo, a ver cando lle poñen nome a esa avenida); A Pasaxe; etc. Sería unha medida, ademais, de AFORRO DE ENERXÍA.

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    • myriamgoluboff@gmail.com

      Es una pena que no se unifique con la que propone Crear una compañía pública de energía renovable.

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • slamelov
        slamelov  •  Autor  •  07/06/2018 19:34:57

        Non se poden unificar, o único poñer contido relacionado.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      • myriamgoluboff@gmail.com

        Ya puse el mismo comentario el año pasado. Hay tres o cuatro propuestas similares. Así nunca va a poder resultar seleccionada ninguna propuesta de energía renovable en edificios públicos. Es imposible que no os deis cuenta. Si se hubiera concentrado en una, quizás podríamos tener paneles en edificios públicos de la ciudad. Así no es posible porque no se puede votar todas las propuestas y quienes deseamos que se instalen estamos dividiendo los votos en 4 opciones, o sea que nunca podrá resultar seleccionada esta propuesta.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • slamelov
          slamelov  •  Autor  •  15/09/2018 12:51:48

          O problema é que non se poden unificar propostas, e cando vas facer unha proposta nova, igual non aparece na búsqueda de propostas. O único é o de poñer a ligazón a propostas semellantes, pero debera haber unha opción de acordo para unificar propostas.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
        Non hai fitos definidos