Volver

Peonalización da rúa Cabanas

carolina_martinezg carolina_martinezg  •  09/05/2018  •  Distrito 6  • 

frato-perdonen-las-molestias-estamos-jugando-para-ustedes.png
frato-perdonen-las-molestias-estamos-jugando-para-ustedes.png

Código proposta de investimento: 1194

Ter rúas peonis pode mellorar que xurdan espazos para encontro coa veciñanza, fomenta a apertura de negocios, e nenas e nenos poden recuperar o xogo na rúa, unha perda tan importante dos nosos días nas cidades.

De todas as rúas da contorna, Vila de Miño, Canteira de Eirís ata Terranova de Eirís, a rúa Cabanas pode reunir as mellores condicións para pensar na viabilidade dunha peonalización.

E se non é peonalización total podería ser parcial: deixando so unha vía de paso para vehículos retirando completamente as prazas para aparcar os carros a ambolos dous lados da rúa, ademáis de subir a rúa ao nivel da beira rúa para que os carros teñan que reducir a velocidade, ao igual que se plantexou nunha parte da rúa Pío XII no lateral ao mercado de Santo Agostiño.

 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos