Volver

REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Estado actual da rúa Panaderas, propoñendo a reducción a un carril.
Estado actual da rúa Panaderas, propoñendo a reducción a un carril.

Código proposta de investimento: 1048

Reordenación do tráfico desta rúa, estudando a implantación de circulación nunha única dirección, e ampliación das beirarrúas existentes.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Para poder ampliar o ancho das beirarrúas da rúa Panaderas cómpre eliminar un carril da calzada, polo que esta proposta está condicionada á realización dun estudo previo de mobilidade e tráfico que determine se é viable implantar un único sentido de circulación nesta vía. Ao custo dese estudio, previo e preceptivo, habería que engadir o custo da propia obra de reurbanización na que, por estar a rúa Panaderas incluida no ámbito regulado polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e a Pescadería (PEPRI), haberían de seguirse as condicións definidas no devandito documento, tanto no referente aos materiais que deben empregarse nas pavimentacións (lousado de pedra nos itinerarios peonís e asfalto na calzada), como ás caracterísitcas dos elementos de mobiliario urbano (cuxa dotación habería que incrementar). Así mesmo, valórase a execución de diversas redes de servizos municipais, así como a reposición dos restantes servizos afectados." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • josegp

    Paréceme unha boa idea. Cun carriño de bebé é un suplicio transitar por aí nos tramos máis estreitos da beirarúa. Ademáis urbanísticamente quedaría moito mellor humanizada. Votarei pola túa proposta.

    4 votos  | 
    4
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • birnarem

      Precisamente, escoitar a persoas poñer inconvintes para humanizar a cidade e facela menos incómoda, en fin. É unha via de comunicación básica para Monte Alto, que comunica co centro e o resto da cidade, e resulta moi incómodo andar por ela, xa non digamos cando vas cun carriño da compra ou de bebé. Por esa rúa pasan moitísimas máis persoas andando que en coche, imos a seguir dando preferencia ás poucas que pasan en coche? Non deberiamos. Ademáis as alternativas permiten un pequeno rodeo moi viable para quen quera chegar a Orillamar ou o Campo da Leña.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • A. Martínez
        A. Martínez  •  Autor  •  01/06/2018 00:02:23

        E non olvidemos que alí irá a futura conexión panadeiras-san agustin polo baixo do edificio propiedade da igrexa, logo pide a gritos unha mellora nas conexions peoniles

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
    • birnarem

      Casualmente fixen unha proposta moi similar, polo que estou recomendando que se vote esta. Pego aquí o enlace, para que o podades ler e enriquecer esta proposta de algún modo. Noraboa a Adrián pola súa boa proposta, ten bo gusto para as propostas ;)

      https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1445

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • A. Martínez
        A. Martínez  •  Autor  •  31/05/2018 23:56:20

        Tentei revisar todas as propostas estos dias mais a tua non a vin. Sinto moito a duplicidade mais o traballo que fixeches co debuxo, e que no periodo de revisión non se fixese nada ao respecto. Grazas por facela chegar e a ver se temos sorte e logramos sacala adiante

        1 voto  | 
        1
        0
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • birnarem

          Pois xa fixeches máis ca mín jeje, eu estou comezando a ver agora outras propostas. Estou moi liado en xeral e fixen 4 propostas o día anterior ao peche do prazo, in extremis. Espero que gusten, eu sempre estou dándolle á cabeciña sobre como mellorar o meu día a día e o de todas, non podo evitalo. Se tivera máis tempo seguro que tería feito moitas máis, pero seguro que hai moitas moi chulas que me encantará apoiar. A cotillear!!!

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
      • morwen

        ¿Y por donde redirigiría el tráfico en el sentido que se eliminase? Porque accesos/vias de salida de monte alto no sobran como para ir quitándolos alegremente...

        2 votos  | 
        1
        1
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • A. Martínez
          A. Martínez  •  Autor  •  06/05/2018 02:58:57

          Lo eliminaría en dirección subida, pasando el tráfico por zalaeta- hospital hacia Campo da Leña/ plaza de España. Lo mantendría en dirección bajada

          2 votos  | 
          2
          0
          1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
          • 9815002

            Me gusta la idea, pero creo que es inviable desplazar todo el tráfico de San Andrés y Cordonería por Sol y Hospital.

            Ningún voto  | 
            0
            0
            1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
            • A. Martínez
              A. Martínez  •  Autor  •  29/05/2018 18:09:07

              No es solo por Sol, también por zalaeta tras pasar por cordonería , y de ahí a hospital. Y actualmente el tráfico que va por panaderas dirección plaza españa es testimonial.

              1 voto  | 
              1
              0
              1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
              • morwen

                Es cierto que no hay mucho tráfico, pero cuando el paseo está cerrado por cualquier evento se necesitan rutas alternativas para llegar al barrio, si las quitamos cuando pase cualquier cosa será un caos.

                Ningún voto  | 
                0
                0
                1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
                • birnarem

                  Xustamente, o ideal sería desviar o tráfico cara arriba na Praza Pintor Sotomayor cara a rúa Corralón, que cambiaría de sentido ata chegar ao Museo de Belas Artes. Así os coches só terían que dar un pequeno rodeo para enlazar novamento co Campo da Leña e a continuación cara a Orillamar. Non lle afectaría que se cortara o paseo marítimo. Penso que é moi razoable que o maior número de usuarios desta vía (Panadeiras) que son os peóns, podan facelo de xeito algo máis cómodo, actualmente é unha tortura camiñar por aí.

                  Ningún voto  | 
                  0
                  0
                  Sen respostas
        Non hai fitos definidos