Volver

REURBANIZACIÓN DA RÚA SAN ANDRES (ENTRE PRAZA DE SAN ANDRÉS E RÚA NOVA)

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 10  • 

Tramo a intervir ata a Igrexa Castrense
Tramo a intervir ata a Igrexa Castrense

Código proposta de investimento: 1047

Seguindo o deseño empregado na primeira humanización desta vía, proponse a continuación da mesma nestre treito da rúa.

Esta intervención melloraría o espazo peonil na mesma, e permitiría un aumento de atractivo comercial. O redeseño tería en conta o novo mapa de liñas de transporte público así como a posible implantación de carrís bus/bici recollidos nese plan.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos