Volver

Instalación dun ascensor na Rúa Historiador Vedía

Cristina Rodríguez Cristina Rodríguez  •  20/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 614

En consonancia coa política de mellorar a accesibilidade, proponse a instalación dun ascensor na rúa Historiador Vedía. Estas son moi transitadas nunha zona de rúas empinadas, e na que a alternativa supón ter que desviarse moito. Actualmente impiden o paso de persoas con mobilidade reducida, familias con carros de nenos e nenas ou xente que leva bultos. Ademais, nun dos sotos atópase a A.C. Xacarandaina, que leva traballando a prol da música e o baile tradicional desde o ano 1978 e conta con preto de 1000 socios e socias, e sobre 500 persoas que acuden mensualmente a actividades, e esta situación impide o acceso a moitas persoas. A mellor opción sería a instalación dun ascensor que facilitara o tránsito, entendendo que este non se podería garantir cunhas escaleiras mecánicas e sería necesario que tivera paradas nos diferentes sotos ao longo da escaleira. 

Localización: Rúa Historiador Vedía

Proposta en nome de: A.C. Xacarandaina

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "En marzo de 2015 elaborouse un estudo para a mobilidade peonil que conectaba as rúas Historiador Vedía con Maxistrado Manuel Artime mediante a instalación dun ascensor e a construción de nova escaleira. O custo aproximado das obras segundo o estudo roldaría os 491.374€." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.

Non hai fitos definidos