Volver

Peonalizacion da rua Arxentina perpendicular

pleira pleira  •  19/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 567

Peonalización da rúa Perpendicular arxentina e do principio da rúa Almirante Romay, co obxeto de humanizar máis o barrio e de facer máis seguro o parque infantil da praza da Tolerancia, eleminando os coches do seu arredor, e dando así moitas máis posibilidades as prazas da Tolerancia e de Almirante Romay.   

Esta rúa ten moi pouco tránsito asi que non ocasionaría ningún cambio no tráfico do barrio e as prazas de aparcamento perdidas se fose necesario podería estudarse a maneira de recuperalas en zonas cercanas.

Esta peonalización permitiría unir as prazas da Tolerancia e de Almirante Romay, agora prácticamente en desuso ao estar rodeada de coches, e facer unha gran zona libre de tráfico e segura. Ademáis sería un bó momento para facelo porque se vai a reurbanizar o antigo barrio de San Roque e a renovar a praza da Tolerancia

Localización: rua Arxentina perpendicular, 15011, A Coruña( Praza da tolerancia ou tamén coñecida como Naútica) https://www.google.es/maps/place/Peluquer%C3%ADa+To%C3%B1o/@43.3713207,-8.4202827,85m/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0xd2e7c5de7c1bd4f:0xf4681eeb3eeb8624!8m2!3d43.3712084!4d-8.4196995

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Proponse a urbanización e peonalización da rúa Perpendicular Arxentina desde a rúa Arxentina ata a rúa Almirante Romay, mediante a execución dun pavimento exclusivamente peonil, permitindo só o tránsito de vehículos de residentes, usuarios de unidade provincial de parapléxicos da Coruña e carga e descarga en horario restrinxido A sección actual da vía está composta por dúas liñas de aparcadoiro e unha vía de dous carrís e dous sentidos de circulación. Dado que o límite da calzada esta franqueado por unha beirarrúa que limita con fachada de edificios, e na outra marxe coa Praza da Tolerancia, proponse a demolición total da calzada para executar un novo pavimento elevado da vía, e segundo a rasante da praza e da beirarrúa existente, incluída a instalación de servizos de pluviais, canalización municipal, iluminación. O pavimento proposto para a nova actuación sería un pavimento de baldosa hidráulica sobre base de zahorra, asentado sobre formigón de limpeza e morteiro de nivelación. Ao permitir o paso de vehículos para uso residencial, carga e descarga e vehículos adaptados para minusválidos, proponse a execución dun carril diferenciado da zona peonil, mediante formigón HM20 espesor 20cm. Dita solución proponse co fin de diferenciar e fomentar o tránsito de vehículos a unha velocidade claramente reducida, franqueada por mobiliario urbano tipo bolardos e/ou xardineiras. Eliminaríase as zonas de aparcadoiro en toda a rúa co fin de transformar este espazo a zona peonil. Na valoración contemplouse a demolición completa da calzada existente e execución de novas laxas de formigón cun espesor de 20 cm e novas beirarrúas gañando espazo peonil. Sinalización vertical delimitando a zona peonil e velocidade reducida. A valoración da actuación completa é de 242.000,00€ IVE incluído". Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • xanxove

    GRAN PROPOSTA, POR UMA RUA PEONIL EM CIDADE ESCOLAR/SÃO ROQUE DE FORA! :)

    Cidade escolar e São Roque de fora não tenhem nenhuma rúa peonil. Com esta proposta aumentaria-se um espaço de lezer que já existe, entre a esquina do café "os ventíns" e o parque. Ademais este curruncho da cidade que conecta o passeio marítimo com um parque onde há realmente "overbooking" de peques jogando na esquina desta rua com a praça de Naútica leva tempo sem ter coches, pelas obras pendentes. As melhoras dos jogos já estam em marcha, mas podemos tentar, com esta proposta, melhorar ainda mais esse cantinho!
    Apoia a melhora e humanização do bairro com mui pouco esforço! :)

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • rodri34

      Tamen sería necesario ampliar a cantidad de columpio s e demais material de entretemento para os nenos

      2 votos  | 
      2
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • pepinha

      Moi interesante! E xa postos estaría moi ben peonalizar toda a rúa Arxentina e non só a perpendicular, polo menos no tramo que bordea á praza, aproveitando que as rúas Venezuela e Perú fan o mesmo percorrido e non alteraría apenas o tráfico da zona.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      • alvarodiaz

        Moi dacordo coa proposta. As rúas peonís funcionan nas cidades como os pecios no fondo do mar: énchense de vida elas mismas e axudan a dinamizar todos os seus arredores. Sería unha moi boa nova para o noso barrio.

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos