Volver

"A CASA DA MULLER: TEMPO DE MULLERES".

gonzalonovo@edu.xunta.es gonzalonovo@edu.xunta.es  •  17/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 488

Crear ou habilitar un espazo específico axeitado, ou unha exposición permanente, en torno a unha das grandes revolucións pendentes no mundo de hoxe: o tema da muller. Cun enfoque multidisciplinar e unha clara vocación feminista, o museo debe visibilizar e difundir a construcción histórica dos sistemas de dominación sobre a muller en todos os ámbitos, desde as primeiras sociedades patriarcais ata o machismo contemporáneo; poñendo en valor as resistencias individuais e colectivas máis salientables ao longo do tempo.  Sería unha experiencia PIONEIRA en España, aproveitando a traxectoria museística da cidade. Debería servir tamén de lugar de encontro e xérmolo de iniciativas máis e amplas e variadas dentro da mesma temática da muller, actuando como núcleo e revulsivo de actividades que lle otorgaran á cidade unha "marca" nova e singular de "cidade en tempo de mulleres".  

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos