Código proposta de investimento: 357
O motivo polo que propoño esta rúa débese a que supón un corredor natural vertebrador do barrio, que comunica e da servizo principal ao Centro Ágora, A piscina e ximnasios da Xunta, un Instituto, un Colexio e unha Guardería públicos.
Trátase dunha vía ampla, con edificios de baixo porte na parte par, separados da beirarúa, nunha zona moi gris e inhóspita.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.
Máis votados