Volver

Modernización museos científicos da coruña

anxo_gz anxo_gz  •  11/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 349

A cidade foi pioneira cos seus museos interactivos que deron un troco no concepto dos museos, penso que é hora de que tamén se avance nese tema e como xa fan moitos outros museos se bote man das novas tecnoloxías como a realidade virtual en 3D mediante a adquisición de gafas de realidade virtual ou módulos en 3D, un xeito más de avanzar na modernización dos museos para que sigan a ser un reclamo de coñecemento e tamén turístico de calidade.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O custo estimado da proposta é de 350.000 euros, distribuídos nos seguintes conceptos: Adquisición de módulos: 240.000 euros Adaptación expositiva: 80.000 euros Outros gastos: 30.000 euros." Moitas grazas pola túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar con nós o vindeiro ano, na seguinte edición.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • pikinha

    Tamén estaría ben que cambiasen periódicamente a temática, as exposicións e/os experimentos. Por suposto que non me estou a referir ó Aquarium, xa que hai animais de por medio, pero que haxa un motivo para, os que xa fomos ós museos, non entre a ansia de repetir.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • anxo_gz
      anxo_gz  •  Autor  •  15/09/2017 14:41:29

      Cambiar as exposicións de xeito habitual é inviable, penso eu, está ben modernizar, pero para eso xa existen exposición temporais de fotos, caso da casa dos peixes, sesión novas no planetario da casa das ciencias, ou películas novas na casa do home, sempre hai algo novo por ver, ao igual que se vas ao museo de Belas Artes, a min gústame ir de cando en vez, ainda que sempre sexan os mesmos cadros, pero sempre teñen algunha exposición temporal, que ao igual que nos outros casos, fai que te achegues e volvas ver o que xa viches, que por ser coñecido, non deixa sempre de sorprender, ou de aprender de novo algo que esqueceras.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    • rfsotelo

      Que dentro de la modernización entre una partida de empleo público de forma que la ciencia y su divulgación tome los barrios de forma regular.
      Ser una ciudad donde la ciencia se explica en la calle, es el mejor síntoma de adaptación al siglo XXI

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • anxo_gz
        anxo_gz  •  Autor  •  18/05/2017 09:21:14

        Tamén é unha opción interesante, estes días coa colaboración dos museos científicos xa se realizou, outro ano máis, do 15 a 17 de Maio "Pint of Science" onde se explica ciencia nos bares. Quizáis se poderían repetir estas iniciativas en verán nas praias, por poñer un exemplo, pero penso que o primeiro contacto que moitos rapaces teñen cos museos e a ciencia en "vivo" é nas visitas escolares aos museos e por o tanto, penso que hai que estimulalos para que lles chame a atención e teñan ganas de voltar e curiosear.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • rfsotelo

          ¿En las playas? buena idea, ir a donde va la gente, como bien dices así se creó Pint of Science.
          El ser humano como buen "simio" es principalmente gregario y aprende por imitación, si queremos que los niños se acerquen a la ciencia deben ver que sus mayores lo hacen, por esto mi planteamiento es llegar a todo el mundo, sin distinción de edad, pues el conjunto de saberes de una ciudad es quien determina como se enfrenta esta a los problemas reales, sin conocimiento científico solo daremos palos de ciego.
          No se como hacer para unificar iniciativas en este portal, pues veo que esto integra bien con esta otra: https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/492

          2 votos  | 
          2
          0
          1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    Non hai fitos definidos