Volver

Reducción de contaminación acústica. Reasfaltado.

Victor Victor  •  02/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 160

Consiste en aplicar un asfalto fonoabsorbente (que absorbe ruído) nas zonas máis afectadas pola contaminación acústica causada polo tráfico. Debería adaptarse nalgunhas rúas do centro, viais de entrada á cidade e en lugares de especial protección (zonas hospitalarias, etc.).

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O tipo de pavimento que se suxire (de aplicación exclusivamente en capas de aglomerado en rodaxe) consiste en achegar caucho procedente da reciclaxe de pneumáticos ao betún dos aglomerados. Avalado por estudos técnicos cualificados redúcese lixeiramente o ruído do tráfico procedente da rodaxe pero en ningún caso o procedente do motor. A achega do caucho nos pavimentos aplícase principalmente como medio de reciclaxe e acción ecolóxica polas propiedades de fonoabsorción mencionadas. O sobrecusto por m2 de capa de rodaxe estímase de 1 euro. Considerando que a renovación dunha capa de rodaxe (aplicable exclusivamente a pavimentos flexibles) ten un custo aproximado de 15 euros/m2 incluíndo a renovación das marcas viarias, renovación de rexistros dos diversos servizos e postas a cota e pequenos traballos asociados, o custo pasaría a ser de 16 euros/m2. A superficie que se podería renovar co importe máximo asignado ás propostas xenéricas sería de 15.625 m2 ". Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.

Non hai fitos definidos