Volver

Amañar as calzadas nas que hai baches

lucia_g lucia_g  •  01/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 147

Amañar os múltiples baches por exemplo na Ronda de Outeiro entre outras moitas rúas.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Dada a existencia de proxectos de investimento en licitación para a Rolda de Outeiro que comprenden a reparación e re-pavimentación de toda a vía, proponse a mellora e adecuación de todas as rúas que conflúen na Rolda de Outeiro. As actuacións propostas contemplan o bacheo e reparación do pavimento nos viarios que conflúen na Rolda de Outeiro desde a Avenida Gerardo Porto ata a Avenida do Exército. A análise realizada sobre o estado e o alcance das actuacións teñen un custo por m2 de 67,58 € (IVE incluído), incluíndo a reparación de fochancas profundas e saneo da sub-base, posta a cota de tapas e fresado completo da capa de rodaxe e reposición da mesma en toda a sección segundo as actuacións expostas. En total, para un investimento de 250.000€ (IVE incluído) poderiase acometer a reparación e mellora de 3.700 m2 en todas as rúas que conclúen coa Rolda de Outeiro." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • loretofs

    https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/589

    Añado este enlace a otra porpuesta que combinada con esta hará de la ciudad un lugar mejor.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • rfsotelo

      En la obra de recuperación de las calzadas se puede incluir la de facilitación de paso a personas con problemas de movilidad e inclusión de carriles bici.

      2 votos  | 
      2
      0
      Sen respostas
      • 1942

        Eu non entiendo que as ruas da Coruña esten abandonadas como si foran camiños de carros. E un perigro para os viandantes cruzar por moitos pasos de peatons e un risco para os automovilistas sorteará​ os baches.
        Esto non debería ser proposto; teria que estar xa feito.

        2 votos  | 
        2
        0
        Sen respostas
        • fernando-pi

          Eu non vexo que o firme das rúas, en xeral, estea tan mal. Se as poñen como un plato, os carros corren mais. Nalgúns paises mesmo poñen as fochancas a mantenta (en coruñés: baches a propósito) para evitar que os carros incrementen a velocidade.

          1 voto  | 
          1
          0
          1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
          • aleixo_varela

            Eu convídoo cando queira a un paseo por Coruña de paquete na miña moto, a poder ser un día chuvioso, para correxir esa errónea percepción. Xustificar os furados como arma na guerra contra os coches (perxudicando gravemente a outros vehículos máis fráxiles) está ao nivel de avalar as víctimas colaterais inocentes nun conflicto bélico. É unha postura sectaria e profundamente insolidaria.

            Ningún voto  | 
            0
            0
            Sen respostas
          • 1983

            Unha vergoña que este tipo de iniciciativas teña que ser proposta pola cidadanía, considero que o mantenemento básico da cidade non debería estar supeditado a votación cidadá.

            Ningún voto  | 
            0
            0
            Sen respostas
            • coruna6_12

              Una de las zonas con mayor movimiento de tráfico, desde Avda del Ejército, pero sobre todo Ramón y Cajal, Alcalde Marchesi, Pz. de Benito Blanco Rajoy, tanto por tráfico rodado como a pie, está en un estado penoso, necesitan una repavimentación ya. Ancianos

              Ningún voto  | 
              0
              0
              Sen respostas
              • aleixo_varela

                A túa é unha proposta tan necesaria e evidente, que case é unha coña que os coruñeses teñamos que vir aquí a poñernos de xeonllos e reclamala como un "favor", cando debería ser unha labor ineludible e auditable. Ramón y Cajal é outra das rúas da vergoña, esquecidas durante moitos anos polo mantemento viario. Seica as pancartas venden mais e mellor que facer os deberes.

                2 votos  | 
                1
                1
                2 respostas (ver) 2 respostas (contraer)
                • fernando-pi

                  Afortunadamente, xa ninguén ten que poñerse de seonllos para reclamar a o actual goberno da Coruña. O máis claro exemplo é este espazo de propostas, aberto a todas as veciñas e veciños. Temos, ademais, o "Dillo Ti" onde calquera veciñ@ pode falar sen andrómenas nin favores c@s concelleir@s e alcalde. Polo menos eu non vira esas opcións con gobernos anteriores, onde si había que pedir audiencia para tentar trasladar calquera proposta. Se eras "amigo", tal vez tiñas sorte e escoitábanche.
                  Penso que é mais prioritario arranxar algunhas zonas rurais, sempre esquecidas por gobernos anteriores. Algúns aínda prefieren poñer flores nos cantóns antes que beirarrúas nos barrios . Por poñer só un exemplo.

                  1 voto  | 
                  1
                  0
                  1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
                  • aleixo_varela

                    Se o traballo do goberno fose máis dilixente e eficaz, moitas das propostas aquí plantexadas serían superfluas. É inaceptable que a cidade teña que funcionar -a duras penas- a base de queixas no 010 e demandas dos veciños, o que, aclaro, non significa que os precedentes fosen mellores. A realidade é que nin de xeonllos, ni con plataformas participativas coma ésta, o Concello vai a arranxar o que debería, porque está a outras cousas. Eu teño asistido a máis dunha ducia de "Dillo Ti", e o patrón é sempre o mesmo: evasivas, escusas, moitas promesas, se cadra algunha desculpa e case nunca solucións reais.

                    Ningún voto  | 
                    0
                    0
                    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
                    • fernando-pi

                      Non serei eu quen lle quite a súa razón, aleixo_varela, Eu estou seguro de que vostede coñece as circunstancias nas que se move o goberno municipal (minoría) e as dificultades de cambiar calquera cousa por parte de calquera administración pública.
                      Eu aínda teño confianza nesta xente da alcaldía e espero, como non, que os resultados da súa xestión váianse vendo. Concordo con vostede en que as veces semella que todo son escusas e pretextos, pero nas "velocidades" nas que se move administración, dous anos de espera non son moitos; levamos bastantes mais esperando por cousas que outr@s non fixeron nunca. Eu aplaudo, por exemplo, a posta en marcha da Renda Social para axudar as persoas mais necesitadas ou o arranxo das escolas . Iso distingue a uns dos outros. Saúde.

                      1 voto  | 
                      1
                      0
                      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
                      • dvarvia

                        Cada día me parece más que esto es una farsa. Al igual que el dillo ti. He planteado dos propuestas y las dos me las ponen como inviables, cuando ambas son viables y perfectsmente realizables. La más sangrante es la de declarar mi propuesta "eliminar pintura do chan para favorecer a seguridade dos motoristas" como inviable dado que "non require investimento" según ellos. Lo que pasa es que hay pocas ganas de trabajar y hacer cosas que realmente necesiten los coruñeses. Esa propuesta estoy seguro que hubiera ganado. Este concurso de ideas es una farsa. Aun estamos esperando que hagan lo propuesto en el concurso de 2016.

                        1 voto  | 
                        1
                        0
                        Sen respostas
                  • bego

                    Que ben que teñamos este espazo... antes tiñamos que saltar os baches e pregar a vixen santa que o concello tivera a ben facer algo...

                    1 voto  | 
                    1
                    0
                    Sen respostas
                  Non hai fitos definidos